DÍA DA PAZ 2017

“WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ”

O 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e da paz. Na clase sempre facemos algunha actividade para reflexionar sobre este día, e este ano, aproveitando que estamos profundizando no continente africano,  traballamos sobre a fascinante historia de Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano  2004

Para isto,  recurrimos ao libro “Wangari y los árboles de la paz”.

                                       wangari

Wangari vivía rodeada de árbores. Cando crece, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruido. Decide sembrar nove arboliños e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación, o Movemento do Cinturón Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en toda Kenia e de millorar a calidade de vida das mulleres.

As nosas vidas mellorarán si voltamos a ter árbores.

    Plantaremos as sementes da esperanza.

                             

Pero creo que o millor é que disfrutedes vos mesmos desta preciosa historia. Facendo click na seguiente imaxe, disfrutaredes deste precioso conto que transmite valores tan importantes. Cando remate a historia, encontraredes diferentes actividades para pasar un bo rato e reforzar o aprendido.

                     

E para rematar podedes ver un vídeo moi curtiño pero moi inspirador da protagonista desta historia: “SERÉ UN COLIBRÍ”

Esta breve historia anímanos a non resignarnos ou dar a espalda aos problemas que pensamos que son demasiado grandes ou escapan ao noso alcance (como, por exemplo, eu non podo facer nada contra a fame no mundo). Sin embargo, moitas veces podemos aportar un graniño de area, e moitos graniños de arena forman un deserto, como moitas gotiñas de agua apagan un incendio.

Graciñas, Wangari!

saudinos

Advertisements

About bibliocurros

Blog da biblioteca escolar do CEIP Curros Enríquez de A Coruña

Posted on 9 Xaneiro, 2017, in A biblioteca recomenda, Celebracións and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Club Kirico

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre biblioteca escolar y literatura infantil.

O RECANTO DE LEO

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

%d bloggers like this: