MÓNICA RODRÍGUEZ NA BIBLIOTECA

O pasado xoves 10 de marzo, MÓNICA RODRÍGUEZ  pasou por bibliocurros” e foi recibida polos alumnos de 5º e 6º acompañados polos seus titores Montse, Elena e Manuel para presentarnos o seu libro “ALMA Y LA ISLA”.

Moitas eran as curiosidades que  tiñades sobre este libro e a súa autora:

Por qué Alma se chama así?   Pensas escribir a segunda parte?

En que te basaches para escribilo?    Como surxiu a idea do amuleto? ….

Por certo, sabes que unha das acepcións de Alma no diccionario é “vida humana”?

E que en etíope existe o nome Almaz? ,  significa “diamante”.

XIII PREMIO ANAYA DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL. “ALMA Y LA ISLA”

A obra, dirixida a lectores a partir de 10 anos, narra a historia de Alma, unha nena negra que chega do mar nunha barca. O pai de Otto, que é pescador, a salva de morrer afogada. Durante os días que Alma vive coa familia de Otto, antes de ser enviada a unha familia de acollida, emocións antagónicas saen á luz: a empatía e o rexeitamento, a confianza e os celos, pero a amizade entre os dous nenos trascende a posible distancia cultural que aparece nun primeiro momento.

MÓNICA RODRÍGUEZ naceu en Oviedo en 1969 e reside en Madrid desde 1993. É licenciada en Ciencias Físicas, especializada en Enerxía Nuclear.

Se queres coñecer máis sobre esta autora, clic aquí

Aquí vos deixo unhas imaxes da súa visita

    

Adicounos o seu libro e….

asinou o noso “LIBRO DE HONOR”

Gracias Mónica pola túa visita e polo teu libro!!! Esperámos verte pronto por aquí.

 

saudinos

Advertisements

About bibliocurros

Blog da biblioteca escolar do CEIP Curros Enríquez de A Coruña

Posted on 12 Marzo, 2017, in A biblioteca recomenda, visitas and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Club Kirico

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre biblioteca escolar y literatura infantil.

O RECANTO DE LEO

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

%d bloggers like this: