VISITA DE 4º DE INFANTIL Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ola a tod@s!!!!

Hoxe queremos contarvos a visita que os alumn@s máis pequenos de Curros fixeron á Biblioteca Municipal, nunca saíran do cole en excursión e foi todo un acontecemento!!! Todo aconteceu así……..

Un día, hai xa un par de semanas, chegou á aula de LUCÍA unha carta na que un paxariño, de nome OLE, lles invitaba a visitalo alí onde el vive, a Biblioteca Municipal de Monte Alto, e por suposto que aceptaron. O pasado xoves 30, acompañados de LUCÍA e MARÍA JOSÉ, percorreron o camiño que ata alí leva e foron recibidas por MARTA e KIKI,  ás que obsequiaron cun agasallo para OLE en agradecemento pola visita 

Nada máis chegar …

chamaron a OLE e o fixeron saír da súa casiña e …

contoulles contos de bichos extraños e

poesías feitas con vocales…

OLE, moi cariñoso, daba bicos decindo, MUAKA, MUAKA, MUAKA;

depois tiveron tempo de ver os libros que máis lles gustaban e elexiron 1 para levar ao cole durante un mes.

Ademáis levaron información a casa sobre a biblioteca, para facer o carnet e visitala cando queiran

Ah! e subiron en ascensor!!!

UNHA VERDADEIRA AVENTURA!!

 

Advertisements

About bibliocurros

Blog da biblioteca escolar do CEIP Curros Enríquez de A Coruña

Posted on 31 Marzo, 2017, in A biblioteca recomenda, visitas and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Club Kirico

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre biblioteca escolar y literatura infantil.

O RECANTO DE LEO

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

%d bloggers like this: