FUCO VISÍTANOS NA SEMANA DO LIBRO

Hoxe por fin desfrutamos da esperada visita do ratiño de Biblioteca máis divertido...“FUCO”, do Teatro Trinque, Trinque.

Con este ratiño mailo seu acordeón descubrimos algo moi importante para conseguir ser máis felices no día a día.

Ensináronnos a QUERER BEN!!! Porque querer pódese querer de moitos xeitos pero só un é válido: QUERER BEN!!!

Para conseguir isto o primeiriño que debemos facer é querernos a nós mesmos. Fuco deunos algúns trucos e contounos un conto que nos axudou a entendelo titulado “EU”.

Despois presentounos á súa familia e nós tamén lle fomos contando quen eran os nosos seres queridos: papás, irmáns, avós, curmáns, amigos…

E feita esta análise comezou o máis divertido: O rato, e algunhas mestras representaron esceas da vida diaria de Fuco. Nalgunhas delas víase como Fuco e os seus seres queridos se QUERÍAN BEN e noutras...NON TAN BEN.

E ahí comezou o labor do xurado composto por LAURA, NICO, TEODORA, AMELIA e ALBA, pois eles eran os encargados de dar o veredicto amosando a cartolina verde se na escea representada se estaba QUERENDO BEN ou a cartolina vermella se NON o estaban facendo como é debido.

Xa para finalizar , Fuco cautivounos con outro conto titulado “ESTOU NAMORADO DA MIÑA VECIÑA”, e despois disto despedímonos del cantando todos xuntos ao compás do seu acordeón.

Aquí vos deixo algunhas fotos e vídeos deste día tan especial!

Esperamos verte por aquí!!

Ata pronto!

 

Advertisements

About bibliocurros

Blog da biblioteca escolar do CEIP Curros Enríquez de A Coruña

Posted on 26 Abril, 2017, in A biblioteca recomenda, visitas and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Club Kirico

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre biblioteca escolar y literatura infantil.

O RECANTO DE LEO

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

%d bloggers like this: