Ola a todos e a todas!

Logo duns meses sen actividade, despedímonos definitivamente deste blog de biblioteca.

Podedes seguirnos na revista do cole, onde colgaremos todas aquelas actividades que vaian surxindo ao longo do curso.

Déixovos o enlace:   CURRICÁN

Un pracer formar parte desta comunidade educativa!

Vémonos na biblio!

CURRIÑA

VENRES DE LECTURA NA BIBLIOTECA!

E chega un novo e apasionante “VENRES DE LECTURA”. Nesta ocasión é o turno de JULIA, TOMÁS e ALDARA, alumnos de 2º de Primaria que …

buscando, buscando pola nosa biblioteca, atoparon un libro algo esquecido, había tempo que ninguén o elexía, parecía un libro olvidado!. O seu título: “LAS PESADILLAS DE ADA”:  unha nena moi valente pero que tiña medo dos monstruos que saían nos seus pesadelos ata que, unha noite, deulle o seu merecido a un deles e non apareceron xamais.

E agora…..fóra nervios!!!!  3,2,1, comezamos:

Parabéns!!! Fixéstelo xenial!!!   

E grazas por descubrirnos un libro tan interesante!

MARCOPOLA E JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado venres os nen@s de 2º do noso centro, tiveron a gran sorte de coñecer ao autor  do libro que estes días estaban a ler “AVOA POWER, MARCOPOLA 4”.  Pero JACOBO tamén é ilustrador e debuxante de cómic, contounos como fai o seu traballo e vimos “en vivo e en directo”, como traza os seus debuxos.

Tamén falaron con él e lle fixeron un sin fin de preguntas

 

  Moitas grazas Jacobo!  Esperamos verte pronto por aquí

 

 

LATINOAMÉRICA: CHILE

LATINOAMÉRICA: CHILE

E continuando co noso proxecto anual de LATINOAMÉRICA e ….. buscando e buscando por internet, a profe TAMARA atopou esta serie de 6 vídeos de corta duración adicados a CHILE, país que en 3 anos están a traballar.  Trátase de PINCHINTÚN, con eles aprendemos música, etnias, vestimenta, xeografía ….

YOLANDA CASTAÑO

Ola a tod@s!!!

O pasado luns a poetisa YOLANDA CASTAÑO  visitou o noso cole para presentarnos o seu libro “COLLER AS RENDAS”. A visita tivo lugar na biblioteca e foi dirixida ao alumnado de 1º de Primaria.

Yolanda recitounos os poemas do seu libro. Nos xa os coñecíamos por que estivemos a traballalos na clase coas titoras!

É unha maravilla poder escoitar á propia autora recitando!!!

Yolanda asinou os nosos libros e adicou tamén un para o centro.

Moitas grazas Yolanda. Esperamos verte pronto por aquí!

RECIBIMOS A VISITA DE IAGO LÓPEZ

 IAGO LÓPEZ  (Ourense 1977) é mestre en Educación infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro . Autor de obras infantís como “O cociñeiro Martiño”  e “O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas” .

     Onte martes, os nen@s de Educación Infantil disfrutaron con él  dunha divertida sesión de contacontos. Nesta ocasión “RICIÑOS DE OURO”

Grazas Iago !!! Pasámolo xenial!!!!

 

 

Ola a tod@s!

E seguindo cos VENRES DE LECTURA, onte foi o turno de OLAIA e CAROLINA. Levaban xa uns días preparando o seu libro “Os petos de Loreto”, uns petos que ….. ao parecer, non tiñan fondo: bucinas, sombreiros, xeados… todo o que a imaxinación suxira estaba no seu abrigo.

  Como os petos de OLAIA e CAROLINA, que tamén tiñan de todo !!!!

Aquí podedes velas en acción!

Grazas polo vos traballo, saimos encantados!

MÁIS VENRES DE LECTURA NA BIBLIOTECA!

Ola mozos e mozas! Aquí seguimos, de venres a venres, esperando as vosas visitas na biblioteca.

Xa pasaron por ela GRANDES LECTORES! : Cristina, Pilar, Daphne, Coral, Alba, Violeta, Sara, Xiana, Noa, Daniela

Este venres foi o turno de Lola e Sophía, de 3º  de primaria que nos contaron “AXENTE RICIÑOS” , que narra a historia de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque.

Déixovos un vídeo en lembranza do seu paso pola nosa biblio

E… disculpade!   a calidade  non é moi boa.

Prometemos mellorar!

 

  BENVID@S A LATINOAMÉRICA!!!

Aquí vos deixo un LIM ou libro interactivo con actividades relacionadas co noso proxecto e que nos achega información sobre situación xeográfica, fauna, flora, gastronomía…. a través de actividades sinxelas tales como xogos de memoria, quebracabezas, sopas de letras …

                               Atréveste a facelo?

Pulsa na imaxe para ver a actividade.

latinoamerica

FIN DE TRIMESTRE PARA OS COLABORADORES!

E chegando xa o tempo do Nadal, finaliza tamén o primeiro trimestre de traballo para os alumn@s colaboradores da biblioteca así que a CURRIÑA ocurríuselle organizar unha merendola para premialos polo seu esforzo durante este tempo. O pasado martes, despois do recreo, xuntáronse na biblioteca, onde CARMEN e CARLOTA  a estiveron preparando; aquí os vemos en acción:

Grazas a tod@s !!!!  Vémonos á volta !

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar