Arquivo do blog

LATINOAMÉRICA: CHILE

LATINOAMÉRICA: CHILE

E continuando co noso proxecto anual de LATINOAMÉRICA e ….. buscando e buscando por internet, a profe TAMARA atopou esta serie de 6 vídeos de corta duración adicados a CHILE, país que en 3 anos están a traballar.  Trátase de PINCHINTÚN, con eles aprendemos música, etnias, vestimenta, xeografía ….

  BENVID@S A LATINOAMÉRICA!!!

Aquí vos deixo un LIM ou libro interactivo con actividades relacionadas co noso proxecto e que nos achega información sobre situación xeográfica, fauna, flora, gastronomía…. a través de actividades sinxelas tales como xogos de memoria, quebracabezas, sopas de letras …

                               Atréveste a facelo?

Pulsa na imaxe para ver a actividade.

latinoamerica

RUMBO LATINOAMÉRICA

BENVIDOS a este novo curso escolar no que CURRIÑA está desexando embarcarse en novas aventuras. Este ano quere que tod@s nos convirtamos en expertos coñecedores de AMÉRICA LATINA; de seguro que tod@s tedes algún compañeir@ ou algún amig@ procedente dun país latinoamericano, así que…….tomamos o relevo do Proxecto Documental Integrado do curso anterior e comezamos con …..

              “OS MUNDOS DE CURROS LATINOAMÉRICA”

Percorreremos unha morea de países e aprenderemos unha chea de cousas sobre monumentos, vestimentas, costumes, gastronomía….problemas nos que se enfrontan noutros lugares e quen sabe cantas cousas máis!.

Polo de agora tedes que INVESTIGAR na casa e confeccionar o voso MURAL en relación co país que traballedes.

Xa sabedes que tedes de prazo ata o 20 DE OUTUBRO e que podedes contar coa colaboración da familia.

Será o “despegue” cara outros países e novos descubrimentos.

 

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar