Ola a tod@s!!!
O pasado luns a poetisa YOLANDA CASTAÑO visitou o noso cole para presentarnos o seu libro “COLLER AS RENDAS”. A visita tivo lugar na biblioteca e foi dirixida ao alumnado de 1º de Primaria.
Yolanda recitounos os poemas do seu libro. Nos xa os coñecíamos por que estivemos a traballalos na clase coas titoras!
É unha maravilla poder escoitar á propia autora recitando!!!
Yolanda asinou os nosos libros e adicou tamén un para o centro.