Arquivo do blog

TRINQUE TRINQUE EN “BIBLIOCURROS”

Ola a tod@s!!!

Hoxe veu á nosa biblioteca unha ratiña moi especial, o seu nome é  LI-LI GRULLER.... coñecédela?

Chegou cunha caixa chea de sorpresas!!!!! nela había monecos, esqueletes e ata CONTOS!!!

Un deles……“SUPER NIÑO”, un divertido conto troquelado para ler en dúas direccións no que un neno préstalle a súa roupa a unha amiga para que se convirta en SUPER NENA

“¡ESTELA GRITA MUY FUERTE”! Este é un libro que aborda un tema tan delicado como son os abusos infantís. A través do conto, ofrécese unha forma sinxela de introducir o tema na casa, abrindo un espacio de reflexión e diálogo dentro da familia.

Estela, grita muy fuerte! é un conto para que leades acompañados dun adulto. A protagonista do conto, Estela, terá que facer fronte a diversas situacións que non lle gustan. O importante é analizar cómo Estela aprende a pedir axuda e a decir NON a todo o que lle disgusta.

Atoparédelos na biblioteca!!!!

Aquí vos deixo unhas imaxes e uns vídeos dos alumn@s de 5º e 6º de Infantil con Li Li Gruller

 E bailamos o BAILE DO ESQUELETO!!!!

FUCO VISÍTANOS NA SEMANA DO LIBRO

Hoxe por fin desfrutamos da esperada visita do ratiño de Biblioteca máis divertido...“FUCO”, do Teatro Trinque, Trinque.

Con este ratiño mailo seu acordeón descubrimos algo moi importante para conseguir ser máis felices no día a día.

Ensináronnos a QUERER BEN!!! Porque querer pódese querer de moitos xeitos pero só un é válido: QUERER BEN!!!

Para conseguir isto o primeiriño que debemos facer é querernos a nós mesmos. Fuco deunos algúns trucos e contounos un conto que nos axudou a entendelo titulado “EU”.

Despois presentounos á súa familia e nós tamén lle fomos contando quen eran os nosos seres queridos: papás, irmáns, avós, curmáns, amigos…

E feita esta análise comezou o máis divertido: O rato, e algunhas mestras representaron esceas da vida diaria de Fuco. Nalgunhas delas víase como Fuco e os seus seres queridos se QUERÍAN BEN e noutras...NON TAN BEN.

E ahí comezou o labor do xurado composto por LAURA, NICO, TEODORA, AMELIA e ALBA, pois eles eran os encargados de dar o veredicto amosando a cartolina verde se na escea representada se estaba QUERENDO BEN ou a cartolina vermella se NON o estaban facendo como é debido.

Xa para finalizar , Fuco cautivounos con outro conto titulado “ESTOU NAMORADO DA MIÑA VECIÑA”, e despois disto despedímonos del cantando todos xuntos ao compás do seu acordeón.

Aquí vos deixo algunhas fotos e vídeos deste día tan especial!

Esperamos verte por aquí!!

Ata pronto!

 

PEQUENOS-GRANDES CONTACONTOS

Aquí temos a dous  novos contacontos !!!!

 Nesta ocasión GRETA,  coa colaboración de LUCAS, presentounos un precioso conto que leva por título “Riciños de ouro”

E  MIGUEL, presentado por SARA e AURORA, e coa colaboración especial de NICO e ANDRÉS cóntanos “El lobo se come a papá Noel”

VISITA DE 4º DE INFANTIL Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ola a tod@s!!!!

Hoxe queremos contarvos a visita que os alumn@s máis pequenos de Curros fixeron á Biblioteca Municipal, nunca saíran do cole en excursión e foi todo un acontecemento!!! Todo aconteceu así……..

Un día, hai xa un par de semanas, chegou á aula de LUCÍA unha carta na que un paxariño, de nome OLE, lles invitaba a visitalo alí onde el vive, a Biblioteca Municipal de Monte Alto, e por suposto que aceptaron. O pasado xoves 30, acompañados de LUCÍA e MARÍA JOSÉ, percorreron o camiño que ata alí leva e foron recibidas por MARTA e KIKI,  ás que obsequiaron cun agasallo para OLE en agradecemento pola visita 

Nada máis chegar …

chamaron a OLE e o fixeron saír da súa casiña e …

contoulles contos de bichos extraños e

poesías feitas con vocales…

OLE, moi cariñoso, daba bicos decindo, MUAKA, MUAKA, MUAKA;

depois tiveron tempo de ver os libros que máis lles gustaban e elexiron 1 para levar ao cole durante un mes.

Ademáis levaron información a casa sobre a biblioteca, para facer o carnet e visitala cando queiran

Ah! e subiron en ascensor!!!

UNHA VERDADEIRA AVENTURA!!

 

PEQUENOS-GRANDES CONTACONTOS

Novo vídeo para Curriña, neste caso é LUCAS, que, acompañado por AMELIA e ANDRÉS, cóntanosOS  3 PORQUIÑOS”

Xa temos lista de espera!!!!

Estade atentos porque haberá máis

GLIFING

Glifing é un método innovador desenvolvido por especialistas co que se traballan dun xeito lúdico as habilidades lectoras dos alumn@s;  adáptase a cada nen@ entrenando a lectura a través dun xogo de ordenador.

Poden empregalo todos os rapaces dende os 4 anos ata 3º de Primaria

(en Infantil trabállanse especialmente as habilidades previas á lectura: concienciación fonolóxica, vocabulario…)

Aquí podedes ver un exemplo de sesión Glifing na aula de LAURA, neste caso, ó ser un aula de Infantil, os alumn@s non traballan individualmente se non de xeito grupal.

Preparando o cartel de actividades cos seus protagonistas GLIF e BETH

Explicación da actividade por parte da titora

Fixádevos que atentos están!!!!

E….comeza o xogo!

 

APRENDO E DIVÍRTOME!!!!

 

 

PEQUENOS GRANDES CONTACONTOS

E Curriña segue a redibir vídeos de voluntarios entusiastas de 6º de Infantil  para contar contos aos peques de Lucía

Nesta ocasión AMELIA e SABELA nos contan “OS 3 CABRITIÑOS E O LOBO” e “CINCENTA”

(coa colaboración como presentadoras, de MARTINA e OLIVIA)

Coa colaboración de CANDELA e GRETA

Espérovos no seguinte vídeo!!!

PEQUENOS GRANDES CONTACONTOS!

Hoxe na aula de Begoña, en 6º de Infantil, NOEL  propúxonos a idea de ir contarlle un conto aos peques do cole, e tras preparar a súa actuación a conciencia, e coa colaboración de Alex e Sabela que fixeron de presentadores……comezou a sesión. Aquí vos deixo unhas imaxes e un vídeo

(Disculpade, o sonido non é moi bo)

E seguro que repetiremos porque moitos máis queren participar

XORNADA DE TEATRO!!

O pasado luns pasou polo noso centro unha COMPAÑIA DE TEATRO moi especial para representarnos un conto clásico        

Reparto: SAMUEL, ALEIXO, SOREN, LAURA, IRIA, CHANTAL e ANA  (de 5º de Infantil)

DIRECCIÓN: LAURA

LUGAR: Salón de Actos do CEIP Curros Enríquez

SAMUEL compartiu con todos nós un teatriño feito na súa casa e…

que millor idea que representalo!!!!

Así que ……. alá imos!

3, 2, 1….. comeza a función!!!

FELICIDADES!!!! Sodes uns grandes ARTISTAS!!!!

OS PETOS DE LORETO NA BIBLIOTECA

Hai petos e petos. Os de Loreto non teñen fondo: bucinas, sombreiros, xeados, paraugas… todo o que a imaxinación suxira está no seu abrigo. Isto é o que nos veu contar a nosa amiga MERES, que o pasado venres 3 de marzo pasou pola biblioteca para presentar aos alumn@s de , e de Infantil o conto :

                  OS PETOS DE LORETOe ….. pasámolo en grande!!!!

dsc_02561

dsc_02411dsc_02421

dsc_02581

dsc_02551 dsc_02541 dsc_02521 dsc_02501 dsc_02491 dsc_02471 dsc_02461 dsc_02451 dsc_02441 dsc_02431   dsc_02401 dsc_02391 dsc_02381 dsc_02361

E para rematar, unha canción

Escoitade este anaquiño, participamos todos!!!!

Grazas MERES!!!!!

saudinos

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar