Arquivo do blog

VENRES DE LECTURA NA BIBLIOTECA!

E chega un novo e apasionante “VENRES DE LECTURA”. Nesta ocasión é o turno de JULIA, TOMÁS e ALDARA, alumnos de 2º de Primaria que …

buscando, buscando pola nosa biblioteca, atoparon un libro algo esquecido, había tempo que ninguén o elexía, parecía un libro olvidado!. O seu título: “LAS PESADILLAS DE ADA”:  unha nena moi valente pero que tiña medo dos monstruos que saían nos seus pesadelos ata que, unha noite, deulle o seu merecido a un deles e non apareceron xamais.

E agora…..fóra nervios!!!!  3,2,1, comezamos:

Parabéns!!! Fixéstelo xenial!!!   

E grazas por descubrirnos un libro tan interesante!

MARCOPOLA E JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado venres os nen@s de 2º do noso centro, tiveron a gran sorte de coñecer ao autor  do libro que estes días estaban a ler “AVOA POWER, MARCOPOLA 4”.  Pero JACOBO tamén é ilustrador e debuxante de cómic, contounos como fai o seu traballo e vimos “en vivo e en directo”, como traza os seus debuxos.

Tamén falaron con él e lle fixeron un sin fin de preguntas

 

  Moitas grazas Jacobo!  Esperamos verte pronto por aquí

 

 

YOLANDA CASTAÑO

Ola a tod@s!!!

O pasado luns a poetisa YOLANDA CASTAÑO  visitou o noso cole para presentarnos o seu libro “COLLER AS RENDAS”. A visita tivo lugar na biblioteca e foi dirixida ao alumnado de 1º de Primaria.

Yolanda recitounos os poemas do seu libro. Nos xa os coñecíamos por que estivemos a traballalos na clase coas titoras!

É unha maravilla poder escoitar á propia autora recitando!!!

Yolanda asinou os nosos libros e adicou tamén un para o centro.

Moitas grazas Yolanda. Esperamos verte pronto por aquí!

BRINCALETRAS 2017

E por fin chegou a entrega do premio!!!!

e o gañador …. o EQUIPO AMARELO de 2ºA

YAGO, SOFÍA, NUNO, ANTÓN, ISIDRO, UNAI e CARLOTA, que nos demostraron os seus coñecementos sobre CARLOS CASARES

FELICIDADES EQUIPO!!!!   e   NORABOA polos vosos coñecementos!!!

e…ata o BRINCALETRAS que ven!!!!

 

BRINCALETRAS 2017

Por fin comezou o B R I N C A L E T R A S deste ano!!!!

Aquí tedes ós membros dalgúns dos equipos participantes nesta edición.

                       Equipos amarelos de e e….

                            equipos vermello e azul de 2ºA

Si queredes saber como van os resultados desta quinta edición do concurso, só tedes que visitar a exposición de CARLOS CASARES no corredor da biblio.

SORTE A TODOS  !!!!

BRINCALETRAS 2017!!!!

Por fin chega a semana das LETRAS GALEGAS 2017!!! , e con ela o noso concursoS” que vai xa pola súa 5ª edición, este ano adicado ao gran CARLOS CASARES

Lede con atención, que aquí vos deixo toda a información que necesitades saber para o desenrolo do concurso.

Este ano temos 12 grupos de Primaria que se enfrentarán no seguinte horario na nosa biblio:

Espérovos na biblioteca!!!

                                   

 

 

O HEMATOCRÍTICO VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Ola a todos!!!

O pasado mércores, 23 de marzo estivo na nosa Biblioteca

O Hematocrítico, cos nen@s de primeiro e segundo de primaria.

Contounos moitas cousas interesantes do seu traballo de escritor, e tamén do seu amigo, o ilustrador, Alberto Vázquez.

Cantas cousas descubrimos de Axente Riciños e de Feliz Feroz!!!

Tamén respondeu amablemente a todas as preguntas que lle fixeron os nen@s,

e non foron poucas!!!

E para finalizar fíxonos orixinais dedicatorias nos nosos libros.

Gracias por vir!!!

Esperamos con ganas o seu próximo libro!!!

 

AXENTE RICIÑOS

O próximo 23 de marzo ven de visita o Hematocrítico, vainos presentar o libro Axente Riciños, que xa estamos traballando nas clases de 1º e 2º de primaria e que nos está gustando moito….NOOOOOOON …… estanos …….  ENCANTAAAAANDO, TANTO, TANTO,  TANTOOOOOOOOOOOO, que algúns rapaces e rapazas xa o leron VARIAS veces.

E que eu creo que este libro gústanos tanto como Feliz Feroz, e esperamos que o Hematocrítico continue escribindo moitas máis historias tan entretidas para seguir enchendo de emocións as nosas vidas.

Ademáis contareivos que o ilustrador de Axente Riciños, Alberto Vázquez, que é do noso barrio, Monte Alto, recibiu dous premios moi importantes no cine español. Un Goya ao mellor director de longametraxe de animación, por Psiconautas, los niños olvidados e outro Goya ao mellor director de corto de animación por Decorado.

Noraboa Alberto Vázquez!!!!!!

 

 

 

MÓNICA RODRÍGUEZ NA BIBLIOTECA

O pasado xoves 10 de marzo, MÓNICA RODRÍGUEZ  pasou por bibliocurros” e foi recibida polos alumnos de 5º e 6º acompañados polos seus titores Montse, Elena e Manuel para presentarnos o seu libro “ALMA Y LA ISLA”.

Moitas eran as curiosidades que  tiñades sobre este libro e a súa autora:

Por qué Alma se chama así?   Pensas escribir a segunda parte?

En que te basaches para escribilo?    Como surxiu a idea do amuleto? ….

Por certo, sabes que unha das acepcións de Alma no diccionario é “vida humana”?

E que en etíope existe o nome Almaz? ,  significa “diamante”.

XIII PREMIO ANAYA DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL. “ALMA Y LA ISLA”

A obra, dirixida a lectores a partir de 10 anos, narra a historia de Alma, unha nena negra que chega do mar nunha barca. O pai de Otto, que é pescador, a salva de morrer afogada. Durante os días que Alma vive coa familia de Otto, antes de ser enviada a unha familia de acollida, emocións antagónicas saen á luz: a empatía e o rexeitamento, a confianza e os celos, pero a amizade entre os dous nenos trascende a posible distancia cultural que aparece nun primeiro momento.

MÓNICA RODRÍGUEZ naceu en Oviedo en 1969 e reside en Madrid desde 1993. É licenciada en Ciencias Físicas, especializada en Enerxía Nuclear.

Se queres coñecer máis sobre esta autora, clic aquí

Aquí vos deixo unhas imaxes da súa visita

    

Adicounos o seu libro e….

asinou o noso “LIBRO DE HONOR”

Gracias Mónica pola túa visita e polo teu libro!!! Esperámos verte pronto por aquí.

 

saudinos

PRIMEIROS AUXILIOS NA BIBLIOTECA!!!

Hoxe na biblioteca tivemos un invitado especial, Federico, de Protección Civil do Concello, veu visitarnos para explicar aos alumn@s de 5º e 6º  como se levan a cabo os primeiros auxilios.

Pero…..que son os primeiros auxilios?????

Pois aquelas medidas que tomamos inicialmente cun accidentado ou un enfermo repentino, ata que chega a asistencia especializada.

Falounos de como debemos comportarnos no caso de atragantamento e de como debemos reaccionar.

” Si o atragantamento é grave, colócalle a cabeza cara abaixo de tal xeito que o obxecto que o produce vaia á súa boca, podemos tamén realizar a manobra de Heimlich ou ben, se se produce unha parada cardiorespiratoria, tras colocar ao enfermo nunha superficie plana, (o chan estaría ben), realizámoslle unha masaxe cardíaca….”

Para rematar,  fixemos  prácticas co moneco que traía comprimindolle o tórax a ritmo de AWIMAWE

Este foi o resultado:

img-20170214-wa00131

img-20170214-wa00121

img-20170214-wa00111

img-20170214-wa00101

img-20170214-wa00091

img-20170214-wa00081

img-20170214-wa00071

img-20170214-wa00061

img-20170214-wa00051

img-20170214-wa00041

img-20170215-wa00851

img-20170215-wa00861

img-20170215-wa00871

img-20170215-wa00881

img-20170215-wa00891

img-20170215-wa00901

E non esquezas que o 112,  é número de emerxencias!!!!!!!

Gracias Federico polas túas explicacióna; esperámoste noutra na nosa biblio!!!

saudinos

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar