Monthly Archives: Outubro 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado LUNS 23, semana na que celebramos o “día internacional das Bibliotecas Escolares”,  inauguramos a biblioteca do cole e iniciamos así o curso 2017-18. Os nenos de quinto e sexto, novos  axudantes de Curriña e da biblioteca,  fixeron una maravillosa inauguración contándonos que é unha biblioteca para eles.

MANUEL, BREIXO, MATEO, MARIÑA, XIANA, CARLOTA, MIGUEL, CARMEN, LUCÍA R., LUCÍA T., LUCÍA C., NOA, JANA, SARA, CHAYMA e DANIEL

PARABÉNS aos nenos de quinto e sexto polo gran traballo feito!

 

 

 

 

VENRES DE CONTO NA BIBLIOTECA!

E por fin comezan os “VENRES DE CONTO ” e aquí temos ás primeiras voluntarias; son PILAR e CRISTINA, de 6º de Primaria, que o vindeiro venres 3 de novembro, na hora do recreo, nos contarán “NINA BUENA, NINA MALA”  da editorial Edelvives.

                           Solicita a túa ENTRADA ao titor/a!!!

Nina sempre o facía todo ben: pintaba ben, cantaba ben, portábase ben… “Que boíña eres, Nina!”, decíanlle decotío. Tanto, que Nina empezou a estar farta e aburrirse, así que..  tomóu unha decisión: a partires de agora  portaríase fatal!,

              pero………… millor que nolo conten elas verdade!!!!!

Espérovos este venres na biblioteca!!!

 

 

AS “MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA”

Ola rapaces!

Aquí vos esperan, outro ano máis, as “MOCHILAS VIAXEIRAS” que irán de man en man e de casa en casa ao longo dunha semana xa que iniciarán a súa viaxe un venres e regresarán o xoves ao cole para que así outras familias a poidan disfrutar.
Con este proxecto pretendemos fundamentalmente mellorar o voso HÁBITO LECTOR  e concienciar ás familias do papel importante que desempeñan no fomento da lectura.

E así ….   máis lecturas en familia.
                                   Que vos gusten!

CORAL, GABRIEL, CARMEN, CRISTINA, ALBA, CANDELA, LUCAS, TEO, NOEL, RUBÉN, LUCÍA Y SHEILA

pasaron hoxe a recollela.

 

 

RUMBO LATINOAMÉRICA

BENVIDOS a este novo curso escolar no que CURRIÑA está desexando embarcarse en novas aventuras. Este ano quere que tod@s nos convirtamos en expertos coñecedores de AMÉRICA LATINA; de seguro que tod@s tedes algún compañeir@ ou algún amig@ procedente dun país latinoamericano, así que…….tomamos o relevo do Proxecto Documental Integrado do curso anterior e comezamos con …..

              “OS MUNDOS DE CURROS LATINOAMÉRICA”

Percorreremos unha morea de países e aprenderemos unha chea de cousas sobre monumentos, vestimentas, costumes, gastronomía….problemas nos que se enfrontan noutros lugares e quen sabe cantas cousas máis!.

Polo de agora tedes que INVESTIGAR na casa e confeccionar o voso MURAL en relación co país que traballedes.

Xa sabedes que tedes de prazo ata o 20 DE OUTUBRO e que podedes contar coa colaboración da familia.

Será o “despegue” cara outros países e novos descubrimentos.

 

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar