Arquivo do blog

VISITA DE 4º DE INFANTIL Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ola a tod@s!!!!

Hoxe queremos contarvos a visita que os alumn@s máis pequenos de Curros fixeron á Biblioteca Municipal, nunca saíran do cole en excursión e foi todo un acontecemento!!! Todo aconteceu así……..

Un día, hai xa un par de semanas, chegou á aula de LUCÍA unha carta na que un paxariño, de nome OLE, lles invitaba a visitalo alí onde el vive, a Biblioteca Municipal de Monte Alto, e por suposto que aceptaron. O pasado xoves 30, acompañados de LUCÍA e MARÍA JOSÉ, percorreron o camiño que ata alí leva e foron recibidas por MARTA e KIKI,  ás que obsequiaron cun agasallo para OLE en agradecemento pola visita 

Nada máis chegar …

chamaron a OLE e o fixeron saír da súa casiña e …

contoulles contos de bichos extraños e

poesías feitas con vocales…

OLE, moi cariñoso, daba bicos decindo, MUAKA, MUAKA, MUAKA;

depois tiveron tempo de ver os libros que máis lles gustaban e elexiron 1 para levar ao cole durante un mes.

Ademáis levaron información a casa sobre a biblioteca, para facer o carnet e visitala cando queiran

Ah! e subiron en ascensor!!!

UNHA VERDADEIRA AVENTURA!!

 

5º DE INFANTIL VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado xoves 2 de marzo, os alumn@s de 5º de Infantil acompañados polas profes Laura e Juana, visitaron a biblioteca municipal de Monte Alto dentro do programa de actividades organizadas polo centro; alí os agardaban Marta e Inés que nos presentaron a unha amiga súa, “A OVELLA TECELÁ, que pedira aos nen@s do cole axuda para descubrir nos libros se lle dolería trasquilar toda a súa lá!!!; vós qué pensades?……

Escoitaron con moita atención o conto…“Ovelliña dame lá”

Ovelhinha, dá-me lã<br /><h5>(LER+)</h5>

Ademáis os rapaces e rapazas de LAURA levaban un caderno de clasificación de contos informativos e de ficción que lles regalaron, iban ven preparados!!!!

Aquí vos deixo unhas imaxes

dsc_02121dsc_02111

dsc_02081dsc_02251

dsc_02241 dsc_02231 dsc_02221 dsc_02211 dsc_02191 dsc_02171 dsc_02161 dsc_02141 dsc_02131

E despois deste conto…..a descubrir máis pola biblioteca!

dsc_02321

dsc_02271

dsc_02261

Grazas Marta e grazas Inés, voltaremos pronto!!!

Para visitar a Biblioteca Pública Municipal de Monte Alto podedes chamar ao teléfono 981-184-382. Podedes facelo tamén a través da dirección de correo electrónico:bmontealto@coruna.es ou na súa páxina web http://www.coruna.es/bibliotecas

saudinos

2º Visita a Biblioteca de Monte Alto

Os alumnos de 2º A e B de Educación Primaria, visitaron a Biblioteca de Monte Alto.

Imaxinades o que foron a facer estes nenos e nenas???

Pois foron a facerlle un Xuízo ao Lobo Feroz!!!!!

E…. sabedes a que conclusión chegaron????

O Lobo Feroz non é tan malo como creemos, noooooooon… hai moitos contos nos que o Lobo Feroz é bo, boíiiiiiiiisimo, así que ánimo, empezade a ler libros e veredes!!!

2o-a-biblio

2oa-biblio2

Aquí están os de 2º A

dav

Aquí están os de 2º B

 

Que guapos e formaliños estiveron!!!!!!!

saudinos

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar