Monthly Archives: Marzo 2018

VENRES DE LECTURA NA BIBLIOTECA!

E chega un novo e apasionante “VENRES DE LECTURA”. Nesta ocasión é o turno de JULIA, TOMÁS e ALDARA, alumnos de 2º de Primaria que …

buscando, buscando pola nosa biblioteca, atoparon un libro algo esquecido, había tempo que ninguén o elexía, parecía un libro olvidado!. O seu título: “LAS PESADILLAS DE ADA”:  unha nena moi valente pero que tiña medo dos monstruos que saían nos seus pesadelos ata que, unha noite, deulle o seu merecido a un deles e non apareceron xamais.

E agora…..fóra nervios!!!!  3,2,1, comezamos:

Parabéns!!! Fixéstelo xenial!!!   

E grazas por descubrirnos un libro tan interesante!

MARCOPOLA E JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado venres os nen@s de 2º do noso centro, tiveron a gran sorte de coñecer ao autor  do libro que estes días estaban a ler “AVOA POWER, MARCOPOLA 4”.  Pero JACOBO tamén é ilustrador e debuxante de cómic, contounos como fai o seu traballo e vimos “en vivo e en directo”, como traza os seus debuxos.

Tamén falaron con él e lle fixeron un sin fin de preguntas

 

  Moitas grazas Jacobo!  Esperamos verte pronto por aquí

 

 

LATINOAMÉRICA: CHILE

LATINOAMÉRICA: CHILE

E continuando co noso proxecto anual de LATINOAMÉRICA e ….. buscando e buscando por internet, a profe TAMARA atopou esta serie de 6 vídeos de corta duración adicados a CHILE, país que en 3 anos están a traballar.  Trátase de PINCHINTÚN, con eles aprendemos música, etnias, vestimenta, xeografía ….

YOLANDA CASTAÑO

Ola a tod@s!!!

O pasado luns a poetisa YOLANDA CASTAÑO  visitou o noso cole para presentarnos o seu libro “COLLER AS RENDAS”. A visita tivo lugar na biblioteca e foi dirixida ao alumnado de 1º de Primaria.

Yolanda recitounos os poemas do seu libro. Nos xa os coñecíamos por que estivemos a traballalos na clase coas titoras!

É unha maravilla poder escoitar á propia autora recitando!!!

Yolanda asinou os nosos libros e adicou tamén un para o centro.

Moitas grazas Yolanda. Esperamos verte pronto por aquí!

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar