Monthly Archives: Marzo 2017

VISITA DE 4º DE INFANTIL Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ola a tod@s!!!!

Hoxe queremos contarvos a visita que os alumn@s máis pequenos de Curros fixeron á Biblioteca Municipal, nunca saíran do cole en excursión e foi todo un acontecemento!!! Todo aconteceu así……..

Un día, hai xa un par de semanas, chegou á aula de LUCÍA unha carta na que un paxariño, de nome OLE, lles invitaba a visitalo alí onde el vive, a Biblioteca Municipal de Monte Alto, e por suposto que aceptaron. O pasado xoves 30, acompañados de LUCÍA e MARÍA JOSÉ, percorreron o camiño que ata alí leva e foron recibidas por MARTA e KIKI,  ás que obsequiaron cun agasallo para OLE en agradecemento pola visita 

Nada máis chegar …

chamaron a OLE e o fixeron saír da súa casiña e …

contoulles contos de bichos extraños e

poesías feitas con vocales…

OLE, moi cariñoso, daba bicos decindo, MUAKA, MUAKA, MUAKA;

depois tiveron tempo de ver os libros que máis lles gustaban e elexiron 1 para levar ao cole durante un mes.

Ademáis levaron información a casa sobre a biblioteca, para facer o carnet e visitala cando queiran

Ah! e subiron en ascensor!!!

UNHA VERDADEIRA AVENTURA!!

 

PEQUENOS-GRANDES CONTACONTOS

Novo vídeo para Curriña, neste caso é LUCAS, que, acompañado por AMELIA e ANDRÉS, cóntanosOS  3 PORQUIÑOS”

Xa temos lista de espera!!!!

Estade atentos porque haberá máis

GLIFING

Glifing é un método innovador desenvolvido por especialistas co que se traballan dun xeito lúdico as habilidades lectoras dos alumn@s;  adáptase a cada nen@ entrenando a lectura a través dun xogo de ordenador.

Poden empregalo todos os rapaces dende os 4 anos ata 3º de Primaria

(en Infantil trabállanse especialmente as habilidades previas á lectura: concienciación fonolóxica, vocabulario…)

Aquí podedes ver un exemplo de sesión Glifing na aula de LAURA, neste caso, ó ser un aula de Infantil, os alumn@s non traballan individualmente se non de xeito grupal.

Preparando o cartel de actividades cos seus protagonistas GLIF e BETH

Explicación da actividade por parte da titora

Fixádevos que atentos están!!!!

E….comeza o xogo!

 

APRENDO E DIVÍRTOME!!!!

 

 

PEQUENOS GRANDES CONTACONTOS

E Curriña segue a redibir vídeos de voluntarios entusiastas de 6º de Infantil  para contar contos aos peques de Lucía

Nesta ocasión AMELIA e SABELA nos contan “OS 3 CABRITIÑOS E O LOBO” e “CINCENTA”

(coa colaboración como presentadoras, de MARTINA e OLIVIA)

Coa colaboración de CANDELA e GRETA

Espérovos no seguinte vídeo!!!

PEQUENOS GRANDES CONTACONTOS!

Hoxe na aula de Begoña, en 6º de Infantil, NOEL  propúxonos a idea de ir contarlle un conto aos peques do cole, e tras preparar a súa actuación a conciencia, e coa colaboración de Alex e Sabela que fixeron de presentadores……comezou a sesión. Aquí vos deixo unhas imaxes e un vídeo

(Disculpade, o sonido non é moi bo)

E seguro que repetiremos porque moitos máis queren participar

XORNADA DE TEATRO!!

O pasado luns pasou polo noso centro unha COMPAÑIA DE TEATRO moi especial para representarnos un conto clásico        

Reparto: SAMUEL, ALEIXO, SOREN, LAURA, IRIA, CHANTAL e ANA  (de 5º de Infantil)

DIRECCIÓN: LAURA

LUGAR: Salón de Actos do CEIP Curros Enríquez

SAMUEL compartiu con todos nós un teatriño feito na súa casa e…

que millor idea que representalo!!!!

Así que ……. alá imos!

3, 2, 1….. comeza a función!!!

FELICIDADES!!!! Sodes uns grandes ARTISTAS!!!!

AXENTE RICIÑOS

O próximo 23 de marzo ven de visita o Hematocrítico, vainos presentar o libro Axente Riciños, que xa estamos traballando nas clases de 1º e 2º de primaria e que nos está gustando moito….NOOOOOOON …… estanos …….  ENCANTAAAAANDO, TANTO, TANTO,  TANTOOOOOOOOOOOO, que algúns rapaces e rapazas xa o leron VARIAS veces.

E que eu creo que este libro gústanos tanto como Feliz Feroz, e esperamos que o Hematocrítico continue escribindo moitas máis historias tan entretidas para seguir enchendo de emocións as nosas vidas.

Ademáis contareivos que o ilustrador de Axente Riciños, Alberto Vázquez, que é do noso barrio, Monte Alto, recibiu dous premios moi importantes no cine español. Un Goya ao mellor director de longametraxe de animación, por Psiconautas, los niños olvidados e outro Goya ao mellor director de corto de animación por Decorado.

Noraboa Alberto Vázquez!!!!!!

 

 

 

“LA PRINCESA MALAIKA”

E buscando recursos para o noso proxecto de África, atopamos a preciosa historia de …

Malaika, unha nena africana, princesa dunha manada de elefantes, que vive sobre o lomo do seu pai Komba. Na longa viaxe por atopar os bebedeiros de auga, Malaika entenderá que a memoria é a clave da supervivencia dos elefantes.
A viaxe depararalles perigosos cazadores ao seu acecho, días de sequía e bebedeiros sin auga; pero tamén un marabilloso encontro cos sagrados baobabs, misteriosas árbores que crecen ao revés.
Os días difíciles chegan cando Komba comeza a presentir a morte. Entón Malaika terá que enfrentarse a unha das  probas máis difíciles e a unha gran aprendizaxe.

Malaika a princesa é un libro que abre camiño ao tema da morte como reflexión obrigada na vida.

 Resultado de imagen de lizardo carvajal la princesa malaika

Escrito e ilustrado por Lizardo Carvajal; editado por LuaBooks

Aquí vos deixo o corto animado

IMOS COÑECER ALGO MÁIS DE ÁFRICA!!!

Ola amigos e amigas!!!

Hoxe quero contarvos algo moi interesante.

Estiven vendo todos os libros que hai expostos no recuncho de África, e quedei abraiada das cousas tan interesantes e maravillosas que aprendín en todos estos libros de información, de contos, de xeografía, de cancións…etc.

Anímovos a que vaiades a velos e veredes que mundo tan interesante se abre aos vosos  ollos!!!

Aquí tedes unha mostra do que podedes atopar neste magnífico recuncho!!!

Resultado de imagen de AKISSI CUENTOImagen relacionada

Resultado de imagen de iyoké y ell terrible l nia cuentoResultado de imagen de Kirikú la bruja un libro cd

Resultado de imagen de mi abuela es africana cuentoResultado de imagen de versos de niños del mundo

Resultado de imagen de mi abuela es africana cuento

Imagen relacionada

Resultado de imagen de mi abuela es africana cuento

Resultado de imagen de mi atlas larousse maravillas del mundobailar

Resultado de imagen de mi gran atlasResultado de imagen de mi primer larousse de arte

Resultado de imagen de yo...tutankamon

Resultado de imagen de canciones infantiles y nanas del baobab

Espero que vos gusten tanto como a mín!!!

 

PRÉSTAMO EN INFANTIL

Chegou o momento que tanto esperabades, por fin comezou o PRÉSTAMO de libros tamén en INFANTIL!!!! , porque xa sodes “casi maiores“.

O pasado fin de semana os rapaces e rapazas das 3 aulas de Educación Infantil do noso centro elexiron o conto que máis lles gustou de entre todos os que as profes seleccionaron da biblioteca, neste caso, a aula de Laura.

Que difícil elección!!!!  Aquí os vedes en acción!!!

E para rematar, colledes o voso sobre plástico, OS LIBROS MILLOR PROTEXIDOS, e a vosa fichiña.

FELIZ FIN DE SEMANA DE LECTURAS EN FAMILIA!!!!

Ireivos amosando máis préstamos segundo vaian chegando as fotos.

Estade atentos!

 

 

CURRICÁN

REVISTA DIXITAL DO CEIP CURROS ENRIQUEZ. A Coruña

Las Librerías Recomiendan

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar

Biblioabrazo

Blog sobre literatura infantil y juvenil, bibliotecas escolares y lecturas para mediadores.

O Recanto de Leo

CEIP Curros Enríquez, blog da biblioteca escolar